¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.
Acto de entrega do distintivo efr en Santiago


Recibimos o distintivo efr da Fundación Másfamilia

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar
  • O distintivo efr certifica o compromiso das entidades coa conciliación da vida laboral, familiar e persoal

  • O acto de entrega tivo lugar no mes de abril na sede da CEG en Santiago de Compostela

O pasado mes de abril recibimos o distintivo efr da Fundación Másfamilia que certifica o compromiso das entidades coa conciliación da vida laboral, familiar e persoal.

O acto de entrega celebrouse na sede da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) e contou coa participación da conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, que reivindicou as medidas impulsadas polo Goberno galego para facer da nosa comunidade un lugar mellor para a conciliación da vida persoal e laboral.

Nesta cooperativa entendemos a conciliación como a corresponsabilidade que como empresa tenemos para coa sociedade. Concretamente coas persoas que formamos parte desta entidade. Os coidados, cara outras persoas e cara nós mesmas, non son unha responsabilidade individual ou do ámbito privado, se non de toda a sociedade e, polo tanto, tamén das empresas. En Abeluria acordamos unha serie de medidas que facilitan e favorecen o entendemento entre os ámbitos profesionais e familiar ao tempo que permiten o desenvolvemento persoal e profesional das persoas que formamos parte da cooperativa. A corresponsabilidade e a conciliación da vida laboral, persoal e familiar están presentes desde o mesmo momento no que definimos a nosa proposta de valor como empresa. 

A certificación efr da Fundación Másfamilia está recoñecida polas Nacións Unidas e polo programa Interreg Europe como «Good practice» por impulsar políticas de xestión de conciliación dentro das empresas. Máis de 850 entidades en todo o mundo xa contan con este distintivo. 

Este certificado tamén fomenta o apoio na igualdade de oportunidades e a inclusión dos máis desfavorecidos, de forma que as entidades que optan pola certificación efr realizan unha autorregulación voluntaria nesta materia.

 

 

Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar